Novas experiencias para Raúl García
Por Fournier Alan
Xun 20Raúl García aspira a cousas no Atlético que no Osasuna non podía nin soñar. Estas son algunhas delas: quedarse a un paso da UEFA na última xornada, ver como compañeiros que destacaban noutros equipos arruinan a súa carreira, ser goleados polo Barça, responder na cuarta xornada sobre o posible cambio de entrenador, ser preguntado na sexta polas posibilidades de gañar a liga e na novena se a temporada foi un fracaso.
Raúl, poderás ver como un dianteiro que ten un pormedio de goles minutos peor que o de Webó (non falemos de ocasións erradas) é considerado un dos mellores atacantes do seu mundo e se teme a súa marcha. Soprenderaste cando caiades co colista no Calderón e gañedes con facilidade no Camp Nou así como co mal que poden xogar un conxunto de xogadores e un entrenador de prestixo. Si home si, vaste sorprender.
