Savio, enganáchesme

Por Fournier Alan
Xun 20

Cando Savio chorou na súa despedida da Real gustaríame ter compartido as penas con el. Alén da noite branca a maior desgraza do pasado domingo foi o descenso dun histórico que hai non moito loitaba polo campionato. Doíalle moito despedirse dunha afección tan marabillosa tanto que as bágoas non deixaban de descender das súas bágoas.

A miña simpatía sempre estivo con el, polo seu xogo, elegancia, por ser mártir de defensores (lembremos que aos dous segundos de debutar fixéronlle unha falta escalofriante) ou polo seu pasmoso e incrible parecido con Edmilson. Nin sequera o seu pasado madridista minguou o meu cariño xa que alí, seguramente polo seu bo carácter, foi cruelmente discriminado.

Despois da súa marcha do Zaragoza, por motivos familiares dixo, case salva el só á Real Sociedad. A cruel liga 2006-2007 non tivo piedade e como foi habitual nela amosou o seu lado máis tráxico con aquel penalti fallado contra o Racing de Santander. Ninguén tivo o valor de botarllo en cara.

Pois tanta bágoa, emoción e cara de bo rapaz… E ficha polo Levante (tampouco se esquecen del no Zaragoza). Non sei que xen promiscuo hai no futbolista brasileño que o leva a ser incapaz de ter un único amor futbolístico. Mauro (Silva), aínda que ti tamén fixeras a espantada de irte ao teu país es e sempre foches o mellor ata niso.

Arquivado en: fichaxes

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.