O día máis triste na vida duns bloggeiros deportivos
Por Fournier Alan
Xun 26
Marcha da nosa liga o deportista que máis emocionou aos dous autores deste blog que tedes diante. Desexaríamos nunca ter que dar esta noticia pero Giovanni Van Bronckhorst, o eterno 12 do Barça, deixa ao campionato orfo dun xigante humano e deportivo para volver á súa Rotterdam natal. Resultaría imposible delimitar ata que punto o crack marcou as nosas vidas e constitúe un punto de referencia humano.
Ao igual que os xaponeses, os padioleiros mecánicos somos máis de xogadores que de equipos e no caso de Gio falamos dunha identificación no nivel do ADN co carismático lateral esquerdo. Grazas a el o Barcelona levantou unha das súas peores crises deportivas da súa historia. Cabe salientar que foi o único xogador que disputou toda a pasada Champions na que non se perdeu ningún partido. É máis cando coincidían o superdotado e os seus mariachis REM(Ronaldinho,Etoo, Messi).
Pero estes son argumentos racionais e a Gio desfrútase co corazón, pola súa entrega, cabellorisade, bo corazón, alegre xogo ofensivo e garra. Todo o que pode un ser humano pode aspirar a ser. As bágoas impídenme seguir. Só nos resta a lenda do Camp Nou e que no estadio De Kuip un grupo de privilexiados siga desfrutando da súa maxia. Ata sempre Gio.

Non sabía eu que Gio tivera tantos admiradores na Galiza.
Eu coñéceo dende a súa etapa anterior en De Kuip, e o certo é que nunca acadei a comprender a súa reconversión a lateral esquerdo. Era un medio de moita calidade, cun sensacional golpeo de pelota e que podía tanto traballar na elaboración do xogo coma na banda sacando exquisitos centros.
En Glasgow seguiu sendo mediocampista e foi na selección cando decidiron (ante a falta de laterais) face-lo experimento, non recordo quen fora (Gullit?). Creo que é bastante mellor medio campista que lateral, aínda que se aplicou con profesionalidade e entrega é evidente que ten mellores características ofensivas ca defensivas. Para min foi unha mágoa que lle mudaran a posición cando dende o medio ía ofrecer bastante máis, ó Barcelona non lle tería vido nada mal que chegara con maior asiduidade á liña de fondo para sacar centros. Por outra banda creo que era o mellor lanzador de faltas do equipo, aínda que ben poucas lle deixaron tirar.
De volta en Rotterdam seguro que terá a oportunidade de xogar nunha posición máis vantaxosa para el.
Saúdos
Os Fournieur valoramos a Gio non só polas súas cualidades futbolísticas senón polas súas humanas.
Coincido de todos os xeitos na túa análise. É un grandísimo xogador de garra, calidade, honradez e grande disparo. Aínda que pareza paradóxico o Barça a pesar de ter os tres mellore mediocentros ofensivos da liga necesita un centrocampista que ofreza algo diferente (disparo, chegada, contención, xogo de cabeza). Desde que marchou Mark Van Bommel, fixo os seus mellores partidos para o Barça no Bayern, non hai alguén que roumpa un pouco o molde.
Gio podería ser ese home, mellor seguro co insípido Sylvinho, pero, por amor á cidade sagrada de Rotterdam, abandou o Camp Nou.
Sempre nos quedará a Eredivise.