Xun
29
Teño problemas para lembrar cantos días ten cada mes pero sempre lembro que xuño ten trinta polo vicio dos xornalistas en teimar na frase “acaba contrato o 30 de xuño”. E na véspera as fichaxes deste ano comezan a marear:
O Liverpool quere a niño Torres, por certo este alcume ten data de caducidade, o que encaixa na liña doutras fichaxes de Benítez como Zenden, Núñez, Josemi ou Fowler. Segue a tentar amosar que pode gañalo todo cos peores xogadores posibles para dar máis méritos ao seu labor. O Atlético, por unha vez, seguramente atina desfacéndose do fake (ou senón como definirían vostedes a un dianteiro ao que lle custa un mundo meter goles) e recuperaría a un xogador excepcional como Luís García capaz do mellor e do peor. Á súa imaxe e semellanza.

O Barcelona presenta a outro fornido home de ébano co cal a plantilla xa queda definitivamente escendida entre morenos musculosos e locos bajitos de gran habilidade. Abidal (14 millóns) sumado ao que valeu Gudjohnsen seguramente será o prezo de Dani Alves. Tampouco acaba de quedar claro se Deco se irá e virá Lampard. Eu tampouco sei que será ao mellor. Moitas veces é conveniente cortar polo sano para erradicar os vicios. Rosell di que vendería a Etoo e Ronaldinho. Do primeiro estou seguro, el quería a Trezeguet, e do segundo será por sentirse como un amante traizoando vendo que Ronie non abandona a Joan.
O Madrid parece máis pendente de Bernardo Schuster que das súas fichaxes (Confirmadas Metzelder, Saviola e o interese por Toldo e Denthe). Os seus voceiros oficiais madrileños aínda non puideron presentar a ningún mediático e seguro que están devecendo por iso. Estráñame e non me estraña a fichaxe de Caparrós polo Bilbao. Estráñame porque é un “español” pero vendo as súas virtudes (garra, traballo coa canteira, honestidade) entra ben pola filosofía do Athletic.
O Sevilla, como sempre, á súa bóla que semella a boa. Ten en carteira a unha chea de descoñecidos que empezan a sobresaír por Europa e pensa en desfacerse de dúas das súas estrelas: o heroe da anterior UEFA Enzo Maresca e o agora rebelde Frederic Kanouté. Sen dúbida é mellor que renoves ti a plantilla a que os resultados te obriguen. Estamos á espera do que pasa con Alves e, como nota de humor, o Inter interésase polo discutible Drago.
Gústanme as fichaxes do Zaragoza, Gabi e o pretendido Matuzalem, máis centro do campo para os peloteros. O Vilarreal presenta a un porteiro, boa falta lle facía, recupera a Cazorla e busca substituto para Forlán, non será tan difícil como parece. O Valencia, a falta de fichaxes, anuncia a renovación de Albelda. Temos patadas chés para rato.
El niño por Forlán… perfecto, que se vaia. Xa me cansaba telo vagando polo campo, de estrellita que non se pode trocar, pero sen facer nada produtivo. Naqueles anos de segunda, Torres devolveulle moita confianza en sí mesmos a moitos seguidores atléticos, pero calidade, o que é calidade…
Home o rapaz ten técnica, non llo imos a negar, e moitos cortes de pelo… Creo que o seu problema, o futbolístico, é ser como Kluivert: brillante na chegada e perderse no remate. As expectativas e estar nun equipo perdedor tampouco o axudaron.