Entre defensas anda o xogo
Por Fournier Alan
Xull 6
Simplemente gustaríame resaltar a miña sorpresa porque todo o movemento de fichaxes deste ano se está realizar vai ir pola liña defensiva. Mentres escribo estas liñas non sei en que clube xogarán Milito, Chivu, Andrade ou Heinze a vindeira temporada. Por eles parecen interesados non só Madrid, Barcelona, Inter e Juventus xa que todo o mundo precisa poñer un central na súa vida. Haberá que estar atento ás ofertas de última hora do Palencia e o Malinas a este paso.
Para min a estrela do mercado debe ser o ubicuo Daniel Alves. Incomprensible suplente na Copa América, foi o mellor xogador da pasada temporada no campionato español. Se Del Nido di que o vende por 30 kilos é que por 25 xa o vai soltar. Mourinho, que algo sabe de fichaxes (máis ca Benítez polo menos), di que é a súa prioridade número un.
Un dato para a traxedia: co que costou Abidal máis Gudjohnsen ou coa suma, ou sustracción, Cannavaro/Emerson poderíase ter fichado a un xogador que parece destinado á historia.
