As verdes pradeiras de Roger Federer
Por Fournier Alan
Xull 9
Con Roger Federer pasa como coas películas máis tópicas. Sabes que o heroe protagonista vai acabar saíndose coa súa no último momento aínda que nunca sabes como. Tampouco Nadal fai de malo. Nin tenísticamente, a distancia co helvético cada vez é menor, nin no nivel humano, é extremadamente sensato e humilde a pesar da súa xuventude e cohorte de pelotilleros dignos de Alonso.
Polo tanto a final foi unha victoria global do tenis e do deporte. Nadal gañou credibilidade alén dos seus dominios de arxila e Roger sumou outro gran slam. A diferencia é que o de Manacor con 21 anos e unha experiencia moi reducida aínda loita por ser o número 1 da ATP e Federer por ser mellor ca Borg ou Sampras, o número 1 da historia.
Temos os Fournieur, como ben proba a cabeceira da Padiola, unha predilección por Roger. Un superclase coma el que chora desconsolado despois do seu décimoprimeiro grand slam e nunca racanea palabras de eloxio para o seu rival é algo máis ca un simple tenista. Ata o ollo do falcón pode ver iso.
Se este ano Roger amolou a Nadal sendo o primeiro en derrotalo en terra batida desde que os vellos teñn memoria… Poderá Rafa evitar que Roger supere a Sampras en Roland Garros e na pista central do Wimblendon o vindeiro ano?
