Arquivo de Xull, 2007.

Ti a Memphis eu ao Barcelona

Por Fournier Alan
Xull 5

Rudy and Navarro, ÑBAMarcha a Bomba Navarro a Estados Unidos sen medo ás duras medidas antiterroristas a compartir equipo co seu amado Pau. Os Grizzlies xa sinten o efecto positivo da súa chegada xa que Gasol fica no equipo sureño. Habería que reflexionar se os equipos de deporte profesional viven demasiado pendentes de compracer ás súas estrelas, aínda que no caso do catalán se trate dun tipo inexplicablemente sensato.

Pode o escolta do Barça triunfar na liga máis dura do mundo? Teño as miñas dúbidas. Navarro é moi de non meter ningún punto ata o terceiro cuarto e acabar con quince ou dezaséis. Na NBA non vai ter tantas oportunidades de minutos así que cómpre que acade unha regularidade que nunca tivo.

Por outra banda os caprichos do Draft fan que a estrela do Jouventut, Rudy Fernández non poda saltar o charco e deba agardar a oportunidade. Entrementres terá que conformarse con ir ao Barça a suplir a Navarro ou a outros grandes do baloncesto FIBA como Olimpiakos, CSKA ou Panathinaikos. Como diría Chimo Bayo creo que “exte si” triunfaría na NBA por xuventude e explosividade de xogo. Un bo revulsivo para un equipo cheo de troncos musculosos.

¿Oden ou Durant? ¿Durant ou Oden?

Por Alan Fournier
Xull 4

Ao final non houbo grandes sorpresas no draft 2007, celebrado o pasado 28 de xuño no Madison Square Garden de New York. Greg Oden, proclamado xa pola prensa especializada como o pivot dominante dos vindeiros anos na NBA en sustitución de Shaquille O’Neal, foi elixido co número 1 polos Portland Trail Blazers. Non vou a ser eu quen poña en dúbida a calidade de Oden, unha forza da natureza que acumula tan só un 7% de graxa no seu corpo -cando a media en xogadores da súa estatura ronda o 12%-. Ademais posúe unha gran capacidade de sacrificio e moitas ganas de traballar. Sen embargo, a súa actuación na pasada Final Four universitaria deixoume algunhas dúbidas, en canto aos enfrontamentos directos con outros centers. En semifinales, Ohio State, con Oden á cabeza gañoulle a Georgetown, pero a diferencia non a marcou o xa compañeiro de Sergio Rodríguez; Roy Hibbert, o “5″ dos Hoyas superouno en todas as facetas do xogo (Hibbert, por certo, ao contario que Oden e que o seu compañeiro de equipo Jeff Green, decidiu agotar o seu periplo universitario para gañar a Final Four). Xa na final, Oden tampouco se amosou moi superior ao pivot dominicano Al Horford (número tres do Draft).
O flamante número 1 do Draft de seguro que terá un brillante futuro na NBA. Sen embargo, na miña opinión, o espigado Durant acadará, canto menos a curto prazo, un maior impacto na mellor liga do mundo. Trátase dun xogador letal, que conta cun gran tiro, unha rapidez impropia para a súa estatura e un instinto asesino que o fai destacar mesmo en tiros de longa distancia (os seus números como freshman, 26 puntos e 11 rebotes, recordan aos de Carmelo Anthony). Obsesionados como están polo apartado físico, algúns analistas e técnicos afirman que a súa fraxilidade física pode ser un problema, e ven complicado que poida gañar musculatura no tren superior. O mesmo dicían algúns de Pau Gasol, e aí está. Está claro que non é un xogador que se basee no seu físico -polo menos non na forza bruta-, pero calidade ten a raudales. Vamos, que o meu número 1 particular deste Draft xogará en Seattle: Kevin Wayne Durant.

Arquivado en: NBA | Comentarios (5)

Mundial sub-sub 20

Por Fournier Alan
Xull 3

O único mundial no que o fútbol español pasa de cuartos celébrase arestora nun país de tradición futbolística como Canadá. Claro que España gañouno en Nixeria e a roja chegou á final no 2003 en Emiratos Árabes Unidos. Estes rapaces non sonan a garantía de éxito coma si soaron noutras ocasións. Que xoguen habitualmente en primeira están Barragán, Piqué, Marcos e Adrián do Dépor. Destacan en segunda división Javi García, Adrían Enchufado (sexamos xustos, se está aí non será por ser fillo de Míchel, non?),Bueno, Mata ou Mario Suárez. Mención especial merecen os recén ascendidos a segunda co Sevilla Atlético, por fin, Capel e Crespo.

Esta selección, sinceramente, non soa a campiona. Soaba máis a campiona aquela con Raúl, De la Peña, Exteberría, Roger, Salgado e Morientes e non pasou de cuartos, mundial no que sobresaíu Biagini. Da selección que lle gañou a Xapón na final de 1999 destaca a ausencia de moitos dos seus integrantes da élite profesional: os galegos Álex Lombardero, Coira e Pablo Couñago,Jusué, Álvaro, Bermudo. Outros son xogadores de medio pelo como Colsa, Aganzo ou Varela e só uns poucos (Casillas, Xavi, Orbaiz, Aranzubia, Gabri) acadaron a internacionalidade e tan só un par deles o estatus de estrelas internacionais. No equipo brasileiro, ao que España superou na fase de grupos, xogaba un tal Ronaldinho. E por acabar co mundial de Nixeria o mellore xogador, nunha controvertida decisión foi o africano Keita Seydou.

Por algunha razón os campeóns en categorías inferiores lonxe de converterse nas estrelas do futuro soen acabar sendo os fracasos anunciados. Isto pásalle a Brasil, Arxentina ou Italia pero en moita maior medida a España. Por que? Sempre está a manida excusa da falla de oportunidades á canteira pero eu inclínome a pensar máis noutros factores como por exemplo o peor nivel táctico dos xogadores a esa altura, o ambiente de derrotismo que hai coa selección (É como se en España todo o mundo fose do Atlético de Madrid), que moitos dos máis grandes non destacan ata os 22 ou 23 ou que xa son demasiado bos para ir á inferior e van á absoluta…

Creo que se a selección española quere chegar a algo debería analizar este fenónmeno con detemento: que diferencia a un xogador de 20 anos a dun de 27 para pasar do éxito ao fracaso? Se vemos a lista do mundial do 85 cando se chegou á final a lista española converteuse nun fracaso estrepitoso dadas as expectativas (salvo a honrosa excepción do gran Fernando do Valencia ou de Unzué). Parece case unha maldición que 18 anos despois se dese tamén unha final contra Brasil .

Quizais só quede agardar por un talento invunnerable ao engano. Os tres balóns de ouro do mundial sub-20 de Arxentina foron por unha banda Javier Saviola e por outra uns fulanos chamados Diego Armando Maradona e Leo Messi.

Arquivado en: selección | Comentarios (2)

A outra Copa América

Por Fournier Alan
Xull 2

A outra Copa América é na que as grandes seleccións do continente descuberto por nós levan a xogadores de segundo nivel para disputar unha incomprensible competición cada dous anos que non fai máis ca lesionar ás estrellas da Champions, a Liga ou a Premier. Non hai sopor ante as disputas dos veleiros de millonarios só hai aburrimento perante o pachorrento xogo latinoamericano con especialistas coma Colombia ou Paraguay en durmir a pelota ao mesmo que durmir ao seu público.

Onte puiden ver co meu compañeiro Alan o Brasil-Chile. Quizais os xogadores do país longaniza non mereceron tal varapalo ante unha decepcionante Canarinha. Sobre todo porque cando Cappa empezou a nomear aos grandes xogadores brasileiros sobre o campo citou a Robinho, Alves (incomprensible suplente) e… tivo que parar. Poucas veces vin a un dianteiro tan inoperante como Vagner Love, o artilleiro do amor, e un centro do campo de tal vulgaridade (Elano, Mineiro… Gilberto Silva parecía Guardiola). Anderson, desaparecido en combate, Diego, parece que gordo.

O mellor do partido foi que tiveran que ir os árbitros a amañar a portería. Ao principio intentouno un empregado bolivariano pero non dou. Doni, porteiro brasileiro, fixo un amago pero foi finalmente o árbitro subido a unha silla o que o tivo que facer coa aparición estelar do xuíz de liña, un artista.

A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.