A reinvención do Barça, do Dépor e do Madrid
Por Fournier Alan
Xan 21O Madrid despois de perder en Riazor o pasado ano reinventouse nunha versión máis cruel, dura e totalmente desprovista de sentimentos. O Atlético, o equipo máis emocional da liga, é a cara inversa. Sábese cando empeza un partido do Real que o resultado está previsto e incluso as súas derrotas como a de Copa parecen calculadas. Serán as pernas dos seus xogadores tan irresistibles? O físico será o Waterloo de Chuster?
O Barcelona busca un renacer similar ao millagro Capellista. Se é certo que os culés destacaron por facer o fútbol máis vistoso do continente nos últimos anos non menos certo é que conseguiron a súa segunda Champions cun equipo comprometido e que se constrúe desde atrás. A ecuación funciona cando os de arriba acertan sempre (e non se lesionan) e os de abaixo están ben agrupados e coordinados. Parece que ese é o camiño aínda que os azulgrana sufren de maís como contra ao Racing.
E cal é a reinveción do Dépor? A máis vella do fútbol: os seus problemas son a ausencia de calidade arriba, erros infantís en momentos clave, non saber ler os partidos… Case todos os erros apuntan a unha mesma persoa que un día di que o seu porteiro é o chaval do filial e ao outro día di que perderon en Vilarreal en parte pola súa culpa. Lotina debe marchar para reinventar o Dépor pero, por favor, que non veña Fernando Vázquez a rematalo.
