Este domingo nace unha estrela en Australia
Por Fournier Alan
Xan 25De aburrido non tivo nada este Open de Australia. As sorpresas sucedéronse en tropel durante o campionato, especialmente no lado de Nadal, e aínda que non cabe ben na definición de feito inesperado, a presenza de Djokovic na final das antípodas leva consigo a inevitable o xurdimento dunha estrela.
Deste xeito ou o descoñecido Muhamad Alí Tongsa ou o emerxente imitador de tenistas serbio realizará o seu soño de gañar un grand slam. Os dous campións por excelencia baten coa porta. A Federer fastídiaselle a temporada, agora está máis ca presionado para conseguir por primeira vez Roland Garros ou para bater o record de Wimbeldons consecutivos. Rafa queda outra vez ás portas en pista rápida. Se o seu tenis non desperta da súa estacionalidade dificilmente batirá ao mestre suízo.
Tongsa pode labrarse o comezo dunha brillante carreira como Moyá in illo tempore cando acadou a final contra Sampras. Djokovic no caso de vencer recibirá a carta de invitación para a elite mundial e confirmaríase como a alternativa de futuro aos seus oponentes de Basilea e Manacor. Iso si, terá que concentrarse na raqueta e deixar de lado o humor. De todos os xeitos o domingo nace unha estrela.
