A demencia veu ao Dépor para quedarse
Por Fournier Alan
Xan 28Confeso que Miguel Ángel Lotina me tiña enganado. Tíñao por un tipo honesto ante todo, simple, que lle traizoaba a boca pero ante todo sen maldade. Comezo a gardar dúbidas serias sobre este entrenador que vén de descender ou case descender aos seus tres últimos equipos.
E a tolería comezou na pretemporada cando un preparador que levou como sinal identitario o bo facer defensivo e o esforzo colectivo durante a súa carreira apostou cun equipo con Taborda e Bodipo polo fútbol de toque e espectáculo. Cando dixo que tiña a mellor plantilla posible e logo pediu un reforzo por liña ou cando relegou Adrián ao banco sen razón aparente.
E a demencia culmina co puñetazo dun compañeiro ao outro (por moito que provocase verbalmente o agredido). Un caso tan evidente que até a xustiza o tivo claro pero Lotina non. Nun equipo que se afunde quedouse co porteiro do filial ao que lle meteron 4 goles cousa que el mesmo se apresurou a salientar.
E agora cambia a un sistema demencial onde a creación de xogo é case imposible. Gañóuselle ao Valladolid pero o máis normal sería perder cun sistema tan rácano. Non hai creadores de xogo e só me explico a victoria ante os de Pucela pola volta de Valerón que inculca fútbol coa súa presenza. Seguramente a única boa noticia.
