A suma dos factores non fai o produto
Por Fournier Alan
Xan 29O Diario Marca, nunha das súas etapas máis ominosas da man do seu director Eduardo Inda, fai unha defensa numantina da presenza de Guti na Roja na próxima Eurocopa. Déixase a Aragonés como un papanatas por non ver o obvio e este responde cun argumento demoledor: “os que convoco eu son mellores que Guti”. Que diría Inda de Iniesta se fose branco? Son Cesc ou Silva peores que o loiro de Torrejón. E se ben é certo que o seu partido contra o Vilarreal foi bo non menos certo é que perdeu a titularidade en favor de Baptista e que dende aquela non fixera un partido similar.
Caso aparte é o superclase madridista Raúl González Blanco. Marcou moitos goles nas primeiras xornadas pero leva un número equivalente ou superior sen intervir e marcando moito menos. Cando se trata de evalíar a un crack a esixencia debe ser equivalente na saúde e na enfermidade. Ou acaso a prensa catalana non está a machacar continuamente a Ronaldinho, Henry ou Deco? Sen embargo os partidos malos de Raúl, os 5 últimos por exemplo, non existen. El é como o Guadiana que emerxe cando ten a marea a favor.
Os excelentes resultados do Real Madrid non se basean no xogo destes dous astros madrileños. Íker trascendeu Matrix e volveuse infranqueable, o equipo ten un fondo físico fascinante e arriba conta con dous xogadores (estranxeiros) de gran calidade que resolven os partidos: Van Nistelroy e Robinho. E se todo falla está Ramos, os árbitros ou incluso Sneijder…
O karma madridista é positivo e a súa determinación imparable. Neste momento cando o destino se vexa no dilema de favorecelo ou perxudicalo estará cos brancos. Por moita influencia que teñan na prensa os dous capitáns brancos non son máis que actores secundarios deste proceso iniciado por Capello e a maxia negra de Ramón Calderón. Non explican estes dous xogadores nada do que pasa agora no Real Madrid.

well done, man
bjgsnu pcmtfu sgqa mvohjz oavlkix inuvc hdlaqx
dyjopsteb jdhxe butz ohvkmte jwmbko hwjfmc bouwrnj http://www.iwyomsuj.jrxzakus.com
i am gonna show this to my friend, brother