Arquivo para a categoría Alonso.

Fernando Alonso volve a casa por Navidad

Por Alan Fournier
Dec 14

Fernando Alonso regresa, non sei ben se como fillo pródigo, a Renault. Todos lembran con nostalxia as imaxes do piloto asturiano celebrando os seus dous títulos de campión mundial co playboy Briatore. Apenas se alzan voces críticas, existe un consenso tácito amparado en gran parte polo núcleo duro de fans de Alonso, desexosos de desempolvar a marea azul.

Non quero exercer de agoreiro pero ninguén parece recordar os moitos encontronazos que o asturiano tivo con Briatore. Todos lembramos a entrañable figura de “el tuercas”, parida polos integristas Gonzalo Serrano e Antonio Lobato (qué dirán os Serrano e Lobato ingleses do mecánico que axustou mal a roda dianteira dereita de Lewis Hamilton, que case se mata). Ou as queixas de Alonso sobre o seu coche (cando era tan fiable como un tractor, nunca rompía, ao contrario do McLaren de Kimi, que parecía de cristal de bohemia), a súa espantada a McLaren en busca dun futuro mellor. E así ata o infinito.

Esta reconciliación resúltame enormemente estraña. Polo elevado salario que percibirá Fernando (30 millóns ao ano, que a Carlos Gracia lle parecen poucos) e pola potestade que terá o piloto de marcharse o ano que vén se o coche non cumple uns obxectivos (¿que obxectivos?). Por non falar da duración do contrato, que ou ben indica que Fernando Alonso ten xa algún tipo de acordo verbal con Ferrari para o 2009 ou ben que está moi confiado nas súas posibilidades e no seu estatus de campión. A miña pregunta é: ¿Canto tardará o simpático piloto asturiano en queixarse da previsible falta de competividade do R-28, ou do seu compañeiro de equipo Nelsinho Piquet jr., outro rookie con padre protagonista, este incluso tricampeón mundial? Admítense apostas

Arquivado en: Alonso | Comentarios (1)

A decisión de Fernando Alonso

Por Alan Fournier
Dec 4

A Fernando Alonso acabaselle o tempo. Cada día que pasa está máis lonxe de conseguir unha solución satisfactoria para os seus intereses. En teoría, son Red Bull, Renault e Toyota os candidatos a contratar ao piloto asturiano. Os últimos rumores sobre supostas ofertas de Honda e ¡BMW! parecen rumores sen fundamento, senón directamente invencións de Luís Garcia Abad, o manager de Alonso.

Das tres opcións, a máis realista semella a de Renault. Existe unha aceptación tácita por parte do sector máis duro dos “alonsomaníacos”. As desavenencias públicas entre Flavio Briatore e Fernando Alonso, as polémicas absurdas creadas e fomentadas pola prensa madrileña sobre un suposto trato de favor a Giancarlo Fisichella (¿soalles de algo?), o tema de “el tuercas”, etc. Cando Magic se marchou a McLaren venderonnos esta fuxida como un salto cualitativo na súa carreira, como unha oportunidade de dispor do mellor material para conseguir o terceiro título. En resumo, que a afición, desmemoriada por natureza, se decanta por desempolvar o merchandising de Renault e volver a formar unha marea azul. Por moi emocionante que isto pareza, a marca francesa está moi lonxe de McLaren, Ferrari e mesmo de BMW e non semella que iso fora a cambiar coa chegada de Fernando Alonso.

A opción de Red Bull resulta especialmente delirante. Non sei como alguen a pode tomar en serio, nen sequera o propio Dietrich Mateschitz, inventor de Red Bull e o home máis rico de Austria (a súa fortuna persoal ascende a 3000 millóns de dólares). Moito Red Bull tería que tomar Fernando Alonso para facer competitivo un monoplaza que se move na máis absoluta mediocridade: dous podios (e grazas) nos últimos tres anos.

Na miña opinión, a opción máis rentable é a de Toyota. Non só contaría cun cheque en branco para o seu contrato (poderían ofrecerlle 165 millóns de euros por tres anos; en McLaren, nese mesmo período, cobraría 90), senón que tería ao seu servizo a un xigante automobilístico disposto a facer o que sexa con tal de conseguir o campionato. Ademais, alí encontrariase cun vello coñecido, Jarno Trulli, posiblemente o único compañeiro de boxes co que o asturiano non tivo problemas.

Hoxe comezan en Xerez uns entrenamentos vitais para o desenrolo dos distintos monoplazas. Os rivais de Alonso e máximos favoritos a acadar o campionato do 2008 están xa na capital xerezana. O asturiano, confiado de máis -coma sempre- nas súas posibilidades ten tensado demasiado a corda. Ninguén, obviamente, lle quere ofrecer un contrato de un ano para que despois se vaia, supostamente, a Ferrari. E todos lle ofrecen un monoplaza competitivo para o 2008. Estamos xa a comezos de decembro e Fernando aínda non ten equipo. Hai quen especula cun posible ano sabático. ¿E se ao final continúa en McLaren?

Arquivado en: Alonso | Comentarios (1)

Carta aberta a Fernando Alonso (I)

Por Alan Fournier
Set 19

Estimado Fernando

Toda situación ten un límite e véxome obrigado a escribirche estas liñas para recordarche por que ti es o mellor piloto da F-1, un coloso español que sofre vexacións continuas e faltas de respeto nun mundo creado por e para os anglosaxóns. Os que te coñecemos sabemos que alguén co teu fair play e o teu carácter, tan afable, tan aberto, tan empático en definitiva, debe estar ao borde dunha depresión. Sen embargo, tamén sabemos que es tan grande que saberás sobrepoñerte a todas as inxustizas, opresións e sabotaxes que sofres nese mundo oscuro e noxento que circunda á F-1.

O peor de todo é que es un incomprendido no teu propio país, ese mesmo polo que loitas e compites en todo o mundo, paseando con orgullo español a bandeira patria con esforzo inigualable. Tristemente, o noso é un país de hipócritas, de envexosos e chupatintas que non saben defender o seu e que todo o de fóra lles parece mellor que o da súa propia nación.

Fernando, por favor, non esquezas que ti es o mellor de todolos tempos (e espazos). Lewis Hamilton é un copión que tan só sabe aproveitarse dos teus datos de telemetría e do teu desenrolo do coche, se non fora porque observa todo o que ti fas, nen sequera sabería cambiar de marcha; Massa é un piloto mediocre e arrogante que se refugia baixo un complexo de superioridade ridículo e que tivo a sorte de estar nun gran equipo como Ferrari; Kimi é un borrachín que non ten nin idea de evolucionar un motor e que tan só é especialista en romper motores pola súa conducción torpe e violenta. Pásache o mesmo que aos máis grandes, tanto no automovilismo (Senna, Schumacher, Lauda…) como no resto dos deportes (Alí, Federer, Woods…): os seus rivais, coma os teus, eran uns inútiles.

Ti si que es un deportista exemplar, un auténtico cabaleiro tanto na victoria como cando o mundo enteiro conspira contra ti para que non gañes (é que se non ninguén podería contigo, pobres diaños). Ti, ao contrario que outros pilotos, nunca puxeches en cuestión o traballo do teu equipo –nin en Renault nin en McLaren-, nunca cuestionaches as decisións de Briatore ou Ron Dennis. Ademais, cando perdes sempre o fas facendo gala do teu fair play, non coma outros que lle botan a culpa ás decisións do equipo, aos fallos na estratexia ou aos mecánicos.

Qué asco nos dá Hamilton, un engreído que se aproveita da súa nacionalidade para discutir o teu reinado. Ademais é un tramposo que conta cunha enorme fortuna, ten unha flor que nin Capello. No Gran Premio de Europa, por culpa dunha tuerca mal axustada, saiuse do trazado e golpeouse coas barreiras de protección a máis de 200 kilómetros por hora. Sen embargo, grazas á súa fortuna, nin lle pasou en carreira nin se viu privado de correr o gran premio. O colmo da “chorra” de Hamilton produciuse no Gran Premio de Turquía, cando tivo a enorme sorte de reventar unha roda cerca de boxes. Oxalá che pasara a ti iso, cando menos algunha vez, pero a fortuna non che sonríe, nin sequera pinchas (non serán tamén os de Bridgestone uns conspiradores masóns antiespañois marxistas-leninistas?).

Ti, aínda porriba, es o único que realmente sinte os colores de McLaren, o único que defende a morte ao seu equipo. O malvado de Hamilton foi quen de declarar en contra do seu propio equipo no Gran Premio de Hungría. Qué desfachatez! Ti nunca farías nada que fora en contra dos intereses de McLaren, non coma el, que con tal de salvar o pelexo sería capaz de vender á sua nai…

Arquivado en: Alonso | Comentarios (4)

Algunha vez acabará esta conspiración contra Fernando Alonso?

Por Fournier Alan
Set 11

Ao mellor non é o máis elegante que fixemos este verán, pero vémonos obrigados a extractar un texto do diario AS perpetrado por Carlos Miquel (e nós que pensabamos que o máis pelota era Alejandro Delmás con Nadal):

Alonso se teme una encerrona en Bélgica

En que país non ía ser así. Seguido dun eloxio místico.

Martir españolHan despertado al monstruo, al supercampeón que le aguó la fiesta a Ferrari y a Michael Schumacher en 2006. Fernando Alonso no gastará ni un minuto de su energía en nada que no sea ganar el título mundial. Se vio en el podio de Monza. Ni una alegría de más, ni un gesto para la galería, nada. No le veremos levantar las orejas o hacer el Ave Fénix mientras no consiga su tercer título mundial. Es una cuestión de orgullo. Sin el robo de los comisarios en Hungría, ahora mismo ya tendría a Hamilton cinco puntos por detrás. Pese a todos los problemas, después de Estambul el bicampeón elaboró su estrategia para lo que queda de año: correr mucho, aportar toda su experiencia de viernes a domingo para ganar así todas las carreras que quedan y tensar la cuerda al máximo para no ser perjudicado de nuevo por su escudería.

Saliéntase sobre todo a humildade do campión e como, na victoria, está só porque a derrota, a súa, ten milleiros de pais: prensa, circuíto, o seu equipo, o tempo, os fabricantes de neumáticos… Ningún deses pais ten relación sanguínea co campión asturiano.

El sábado hasta en la calificación estuvo trabajando en los reglajes para dejar el coche perfecto, y a los mecánicos de Hamilton no les dio tiempo a copiarlo. Tiene mucho mérito, porque es muy difícil mejorar en la puesta a punto cuando el Mundial está en juego. Todo esto explica también las hojas de telemetría que le pasaron al inglés entre la Q2 y la Q3. Por suerte las presiones de los neumáticos eran esta vez las correctas y no hubo ninguna maniobra sospechosa en torno al coche del ovetense. El aspecto serio y reconcentrado de la estrella española se basa también en su temor a que se encuentre cosas extrañas en la próxima carrera en Spa-Francorchamps.

Que malvado mundo este no que vivimos nos que os compañeiros de equipo pretenden compartir impudicamente as notas do seu traballo. Eu que por non ter non teño nin carnet seguramente non dea entendido a importancia vital desas notas.

Este año, cada vez que ha ganado una carrera, en la siguiente el equipo ha maniobrado contra él, o al menos le han pasado cosas que ha interpretado como un sabotaje. Después de ganar en Malaisia se cayó un plafón encima de su coche en Bahrain, lo que le costó seis décimas por vuelta. Tras la victoria de Mónaco llegó la gran guerra, se le prohibió competir con sus propias tácticas y cargas de combustible, se basó todo en la calificación (la mayor baza del inglés frente a Fernando) y Ron Dennis le desestabilizó al quitarle méritos a su victoria. En Montreal, dos semanas después, vimos la versión menos afortunada del bicampeón en todo el año.

Podemos ver un raio de sensatez na frase que ha interpretado como sabotaje. Entendo que se trata de falta de precisión, o pecado do xornalista. Fernando Alonso e o Papa son infalibles e as súas interpretacións son realidade. Non carece sen embargo de calidade literaria o retrato de MacLaren. Dickens podería firmar tales villanos que tirán un plafón encima do seu coche ou que de xeito maquiavélico se enfrontan á divinidade impoñendo unha táctica de carreira a todas luces equivocadas. Que cego non pode rastrexar as pegadas da traición aquí. Obviamente o fracaso de Montreal débese ao cúmulo de factores negativos ao seu redor.

El último caso sangrante se produjo después de la espectacular victoria en mojado de Nurburgring. En Hungría, Alonso vio cómo le ponían ruedas usadas duras porque las presiones del juego de neumáticos nuevo estaban completamente disparatadas. Esto le perjudicaba en tres décimas por vuelta respecto a su gran rival. La FIA, que ya intervino después de Mónaco, esta vez sí que sancionó al asturiano con una penalización sin precedentes ni base jurídica.

Considerando que Alonso e Hamilton teñen mecánicos diferentes sería lóxico chegar a conclusión de que tentan sabotear ao seu xefe por cargante. Tamén resulta lóxico pensar que alguén que ten correos electrónicos que vinculan a un corredor nun caso de espionaxe non está a colaborar coa xustiza senón que a infrinxe.

Bélgica no sólo es la carrera más importante de las que quedan por el hecho de tratarse de un circuito de piloto. También lo será por ver si esta vez el equipo anglo-alemán es capaz de que no le suceda nada extraño mientras todo le funciona como la seda al pupilo de Ron Dennis, sobre todo antes de la carrera. Si actúan con la equidad absoluta de Italia de aquí a final de año, la corona sí que se la adjudicará el mejor piloto, Alonso. Ya lo advirtió el asturiano tras la carrera italiana: “Llevan todo el año hablando de igualdad de condiciones y las últimas cuatro carreras van a ser así, o espero que sean así. Ya veremos entonces quién puede conseguir el título”.

Isto demostra que Alonso sairá vencedor sempre na vida. Cando gaña é mérito seu e cando non hai unha conspiración á que el heroicamente fixo fronte. Se se retira gañaríamos un grande martir pero temo pola vida de Antonio Lobato ao que vería cerca do suicidio. Se o PP perde as eleccións vexo a Gonzalo Serrano substituíndo a Zaplana como gran demagogo.

Arquivado en: Alonso | Comentarios (0)

Da mesma madeira

Por Fournier Alan
Ago 9

Describiría a Hamilton como arrogante, egocéntrico, megalomaníaco, ultracompetitivo, infantil (como eses astros de balón chupóns e protestóns do Alonso adica un bico aos seus fanspatio do colexio) un individuo que descarga as culpas nos demais ou nos elementos á hora da derrota mentres que os méritos da victoría son exclusivos del. Un tipo despreciable, egoísta, nacido para un deporte individual (tenis?) no que a victoria dunha carreira non dependa das máis de 60 persoas que traballan contigo e no que non teñas un compañeiro que comparta contigo a gloria. Se a isto lle engadimos un talento innato para a pilotaxe que o leva a ambicionar non gañar unha carreiriña por aí senón ser campión mundial e unha prensa patria forofa e falta de rigurosidade estamos botando na pota todos os ingredientes para o girigay.

Non habería tal problema se Alonso non fose como Hamilton. As palabras do piloto británico ao seu patrón se ben, como afirmou a prensa madrileña, serían motivo de despido na miña empresa non menos certo é que igualmente grave é acusar de conspiración na túa contra aos compañeiros de traballo ás dúas semanas de comezar a traballar. Por outra banda tal conspiración non ten sentido. Hamilton, si, foi apadriñado por Ron Dennis desde os 11 anos (cría corvos…) pero non deixa de ser unha promesa que se destapou antes de tempo. Sen embargo Alonso, cun gran salario, e bicampeón do mundo representa un investimento que hai que amortizar así que se Dennis realmente desexase o triunfo dun sobre o outro o asturiano debería ser o beneficiado. Só a nacionalidade de Lewis o salva do ostracismo.

Ao respecto da polémica húngara se obviamos a evidente responsabilidade de Hamilton ao desobedecer as ordes de equipo non podemos ignorar que Alonso se excedeu na parada provocando a Hamilton coa súa bravuconería e falta de nobreza habitual. Pode ser que como afirma o gran amor de Antonio Lobato ninguén fale con Hamilton. Estrañaríame moito máis que alguén fale con el.

A solución… Facer como en Ferrari, ou no Renault do ano pasado, ter un piloto estrela e un gregario. Deste xeito asegúraste que os dous non acaparan os primeiros postos carreira tras carreira e evitarás estes problemas. Iso ou ter un campión tan tranquilo como Kimi Raikonen que baixa dun Fórmula 1 como quen baixa dunha hamaca.

Ídolos hispánicos

Por Fournier Alan
Xull 23

Eterno segundoNon hai nada como uns bos ídolos hispánicos para humedecer con sangue as plumas dos xornalistas madrileños. Onte tiveron unha de cal co cabaleiro da pista Alonso e a eterna promesa que non vale nada Sergio García.

Se un conductor co que acabásemos de ter un altercado ao tentar adiantarnos a gran velocidade na estrada mollada saíse do coche e comezase a facer xestos sinalando a rozadura que se fixo co noso coche e sinalando para a rozadura cando estivo a punto de matarnos coa súa temeridade pensaríamos que o tipo é un pailán. Cando se trata de Alonso todo se deforma de xeito grotesco. Agora resulta que Massa non sabe perder. Que terá ver o, lexítimo, apoio a un corredor de país con recoñecer que o seu comportamento foi o dun delincuente xuvenil?

Por outra banda o gran rival de Tiger Woods (na brisca) foi criticado por vestir coas cores do imperio. Volvamos xogar ao rol. Un xogador de golf- poñamos de Xamaica coa que simpatizamos pola súa política exportadora- que fose ao campo con máis tradición do nobre e aristocrático campo vestido coas cores da súa bandeira nacional. Como mínimo calificaríamolo de hortera. Pois non debemos deixar de facer o mesmo con Sergio García. Ademais este tipo só sae do seu letargo para perder algún torneo no último momento.

O periodismo deportivo debería buscar ensalzar aos bos deportistas e non unha carreira de avenedizos. Dígoo como afeccionado, que non disfruto nin me informo coa política informativa forofa dos periódicos madrileños e cataláns.

Arquivado en: Alonso, golf | Comentarios (1)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.

Comentarios recentes