Arquivo para a categoría Atlético.

Crise? Que crise?

Por Alan Fournier
Feb 1

Valencia e Atlético de Madrid son dous clubes que viven nun estado de crise permanente. Son conxuntos ciclotímicos, autodestrutivos e inmersos nunha inalterada e prolongada convulsión deportiva e social. Ata aqui, penso, todos de acordo. Sen embargo, considero necesario abordar máis polo miudo o cadro sintomático de chés e colchoneros, pois agochan, aínda detentando alelos en común, certas características propias e intransferibles. En canto ao modo de entender as sucesivas crises e fracasos que os teñen definido historicamente.

O Valencia pode ser o único clube do mundo no que a súa masa social e crítica cos xogadores, cadro técnico e/ou directiva mesmo cando gañan títulos Non foron poucos os días nos que o equipo de Rafa Benítez saiu abroncado de Mestalla cando gañaron a súa última liga, alá polo ano 2004. Descoñezo a xénese de tal rebeldía, de esa sorte de autocrítica hiperbólica, dese placer conseguido nos momentos de sufrimento e desazón. Igualten que ver cos xenes valencianos, non sei. Podemos concluir, logo, que o Valencia sería o equipo preferido de Schopenhauer ou de Kierkegaard.

Non obstante, a crise sempiterna ché parece máis sana que a que na miña opinión afecta ao Atlético de Madrid. Compadezo -en serio- aos aficionados do equipo do Manzanares, acostumados a vivir nunha Semana Santa continua. Agora, o seu propio estado de excitación nerviosa responde á propia maneira de ser do aficionado atlético. Tódolos anos son aspirantes a gañar a Liga, e os propios siareiros do Atleti se encargan de propagalo aos catro ventos, de presumir do equipazo -cada ano é o mellor da súa historia- que teñen e afirmar sen rubor que aspiran a todo. Logo, como se fora unha historia escrita e xa moi repetida, cando están a piques de engancharse ao pelotón dos principais fallan ineluctablemente e súmense nun estado digamos de aceptación da crise. Así que coma un ciclotímico atravesan infindos momentos de euforia e de depresión ao longo do ano. E o meritorio da cousa é que aínda gañan socios ano a ano. Serán masocas? Freud, por qué somos del Atleti?

Novas experiencias para Raúl García

Por Fournier Alan
Xun 20

Raúl García aspira a cousas no Atlético que no Osasuna non podía nin soñar. Estas son algunhas delas: quedarse a un paso da UEFA na última xornada, ver como compañeiros que destacaban noutros equipos arruinan a súa carreira, ser goleados polo Barça, responder na cuarta xornada sobre o posible cambio de entrenador, ser preguntado na sexta polas posibilidades de gañar a liga e na novena se a temporada foi un fracaso.

Raúl, poderás ver como un dianteiro que ten un pormedio de goles minutos peor que o de Webó (non falemos de ocasións erradas) é considerado un dos mellores atacantes do seu mundo e se teme a súa marcha. Soprenderaste cando caiades co colista no Calderón e gañedes con facilidade no Camp Nou así como co mal que poden xogar un conxunto de xogadores e un entrenador de prestixo. Si home si, vaste sorprender.

Arquivado en: Atlético | Comentarios (0)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.

Comentarios recentes