Xull
16
Seguramente a victoria foi o peor que lle puido acontecer ao fútbol brasileiro na última Copa de América. Tanto que o mellor para todos, salvo para el seguramente, é que Carlos Caetano Bledorn Verri “Dunga” demitise e deixase o seu posto a un entrenador que non convertise a Brasil nun pesadelo saído da segunda italiana.
Se repasamos o torneo o único partido no que gañou con autoridade e despregando un relativo bo fútbol foi a final ante unha Arxentina que se colapsou tentando avanzar polo medio, non tiña ningún interior ou extremo puro, ante unha selección chea de clónicos do seu seleccionador tipo Gilberto, Mineiro, Josué… Realmente Dunga foi símbolo dun relevo xeracional ao trocar o concepto clásico de centrocampista brasileño. Agora non o asociamos a xente como Diego ou Anderson senón máis ben a pulmóns como César Sampaio, Kléberson, Emerson ou similares. A mistificación de Dunga resúltame especialmente molesta cando ao seu carón si tiña a un fenómeno do fútbol. Un xogador de corte exclusivamente defensivo pero perfecto: Mauro Silva. Quizais o estilo fuerrilleiro de Dunga prendeu máis nos brasileños que nunca amaron ao 6 do dépor, elegante ata o final, tanto como deberan. De todos os xeitos aquí van algunhas razóns polas que Dunga debería marchar para a casa:
*Promove unha tendencia xa sinalada no fútbol brasileño na que se aposta por un equipo moi físico que viva da individualidades de tres xenios arribas como a peor Juventus. Ao seu carón Scolari parece Cruyff.
*A pesar de que non foron por propia vontade, algo que como xa sinalei desacredita á Copa América, Kaká e Ronaldinho parecen ser imprescindibles en calquera equipo menos neste. Aquí Mineiro é o importante.
*Tamén é o único preparador do universo que non pon a Alves de titular. Tivo a sorte da lesión dun compañeiro igual que ante Chile polo que el so solucionou o partido. Se non fose pola fortuna de aquel gol tempraneiro de Baptista e a entrada do bravo lateral hispalense de que estaríamos falando agora?
Se Parreira perdeu por meter os mellores na súa peor forma Brasil perderá a outra xeración dun brillo infinito porque Dunga prefire poñer aos peores na súa mellor forma. Benítez fai o mesmo e gaña títulos pero Brasil é un patrimonio dos que nos gusta o fútbol. O peor que lle podía pasar á Canarinha é que dun xeito tan engañoso e triste conseguir unha victoria que hipoteca o seu futuro nas mans dun entrenador que semella odiar o seu propio deporte.
PD: Se Arxentina perde contra uns brasileiros tan malos onde andará a súa autoestima.
Xull
16
Coma o primeiro tango entonado por Carlos Gardel, onte foi unha noite amarga para millóns de arxentinos. Brasil “B” pasaba como unha apisonadora por encima dos grandes favoritos para facerse co triunfo nesta Copa América. Non sei que pensar de Arxentina, nos últimos 20 anos -despois do Mundial de México- son un equipo neurasténico, ciclotímico e falto de identidade. Onte, eran os barsileños os que perdían tempo, cosían a patadas aos contrarios e dominaban e practicaban un xogo suxo máis propio do equipo austral.
Acostumada a concebir grandes esperanzas e a presentarse a todas as grandes citas futbolísticas coma unha das seleccións favoritas, os arxentinos estanse acostumando ao fracaso. Ante o único rival que lles plantexou certas dificultades (o xogo de México, atractivísimo para o espectador, resulta un tanto inxenuo ante Arxentina ou Brasil) foron incapaces de por en perigo a portería defendida por Doni. Na práctica totalidade dos encontros que disputou os goles viñeron grazas a xenialidades dos seus mellores homes (Riquelme, Tevez e, especialmente Messi). Onte ese home de dudoso gusto futbolístico e estético chamado Dunga teceu unha tea de araña que asfixiou ás estrelas da albiceleste.
O preocupante para Arxentina, na miña opinión, aparte do feito evidente de que perderon ante un Brasil sen Ronaldinho, Kaka, Ronaldo, etc. é que Brasil lles pasou por enriba usando as armas que caracterizaron o xogo de Arxentina: loita, espíritu competitivo, manexo do xogo subterráneo, presión asfixiante, orden defensivo e imaxinación arriba. ¿Estamos, xa que logo, ante o fin dun modelo? Se Brasil xoga a velas vir, por qué non pode xogar Arxentina ao toque? (e sen Verón, por Dios).
Xull
12
Brasil-Arxentina na final da Copa América. Alguén o agardaba? México e Uruguay non puideron dar a sopresa e os cuartos de final amosaron que hai dúas seleccións A, dúas seleccións B e o resto son Z, tal como denotan as diversas goleadas que recibiron Venezuela, Chile, Perú e, a selección que sempre trae goles nos seus partidos, Paraguay. Certo é que Brasil é como o Madrid desta temporada, quizais Robinho estendeu o espirito capellista, malos partidos e victorias seguras. Pola súa banda Arxentina é máis como o Barcelona de hai dúas temporadas quizais porque calquera equipo ten fácil gañar cando conta cun tal Messi. Por xogo Arxentina merece gañar sen xogar a final. Visto o visto nesta etapa escura do fútbol mundial o máis probable é que gañe Brasil B.
Se o torneo de Venezuela podía ser unha novela de realimsmo determinista escrita por Galdós o que aconteceu o outro día en Canadá é máis propio da ciencia ficción de Ray Bradbury. Imaxinade o seguinte: cuartos de final de Suráfrica 2010. España vai perdendo 2-0 rozando o descanso despois de dous goles de Kaká e Ronaldinho cando Puyol mete un gol que supón o comezo da remontada que culminaría Xabi Alonso cun gol de falta no minuto 83. Xa na prórroga España arrincona á Canharinha cun vendaval de xogo e Torres e Villa dan o pase ás semifinais. A min paréceme ciencia ficción aínda que acontecese no mundial sub-20.
Unha pregunta para padioleiros a ver se alguén ma sabe responder. Por que Alemaña e Italia nunca chegan a nada en categorías inferiores?