Arquivo para a categoría Galicia.

Unha polémica para a selección galega

Por Fournier Alan
Dec 7

Os seleccionadoresO debate importante ao redor das seleccións autonómicas seguramente é a necesidade da súa existencia. Nun calendario saturado por ridículos duelos entre combinados estatais e equipos do Caucaso ou das repúblicas Bálticas as seleccións autonómicas irrompen nas vacacións navideñas con enfrontamentos entre os equipos rexionais e seleccións de federacións ávidas de cartos que en ocasións, como no debut da galega, mandan ao seu equipo B para facer caixa.

Pero xa que as seleccións autonómicas están aquí imos darlle vidilla. O primeiro punto de conflito en toda selección é a convocatoria. Nin sequera aquí hai moito onde rascar, están os que teñen que estar e non hai máis (Bueno, por meter cizaña quizais Rochela xa está para ir non?). Sobre os seleccionadores non hai moito que protestar. Fernando “Gafapasta” Vázquez nunca foi santo da miña devoción pero merece o posto pola súa traxectoria. Arsenio é unha lenda do fútbol galego polo que non hai nada que discutir. Pero creemos polémica!! Cando a Galega botou a andar Vázquez era entrenador do Celta e Iglesias será sempre un icono do deportivismo. Deben os galegos pagar dous entrenadores para tragar co localismo de sempre? Que se decidan por un… Ou que fichen a David Vidal para crear controversia e declaracións graciosas.

Unha polémica que non me extrañaría que abrollara en breve será a creación dun Estadio Nacional como Wembley ou o Stade de France. De crearse ese recinto para as competicións da azulceleste onde debería estar situado? Se fose en Coruña ou Vigo habería lío. Tería sentido un estadio grande en Compostela? Non sería Monterroso ou Antas de Ulla, corazóns xeográficos da terra lugares máis idóneos. No caso de ser en Monterroso os partidos poderían coincidir con algunha feira…

No fútbol ibérico a cuestión de ser favoritos nunha competición ou noutra trae moito ruxe ruxe. Reflexionemos logo: Estamos á altura de Escocia? E de Lituania? Gañaríamoslle a Italia cun pouco de sorte? Quizais a Eurocopa se nos quede algo grande pero… Sería Galicia semifinalista da Copa de África? Quizais nos falte algunha estrela (como foi Fran no seu momento) para poder gañarlle a Mali, Exipto ou Marrocos. E a Copa de Asia? Só Irán ou Corea semellan netamente superiores.

Por último, un xerador seguro de polémica, o meu once inicial:Diego López; Barragán, Piscu, Rubén, Salgado; Viqueira, Borja, Aspas, Nano; Trashorras, Novo. Por certo un convocado menos do Ipswich Town ca do Dépor e do Celta.

Arquivado en: Galicia | Comentarios (0)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.

Comentarios recentes