Arquivo para a categoría Gio.

O día máis triste na vida duns bloggeiros deportivos

Por Fournier Alan
Xun 26

O mito abandona o clube culéMarcha da nosa liga o deportista que máis emocionou aos dous autores deste blog que tedes diante. Desexaríamos nunca ter que dar esta noticia pero Giovanni Van Bronckhorst, o eterno 12 do Barça, deixa ao campionato orfo dun xigante humano e deportivo para volver á súa Rotterdam natal. Resultaría imposible delimitar ata que punto o crack marcou as nosas vidas e constitúe un punto de referencia humano.

Ao igual que os xaponeses, os padioleiros mecánicos somos máis de xogadores que de equipos e no caso de Gio falamos dunha identificación no nivel do ADN co carismático lateral esquerdo. Grazas a el o Barcelona levantou unha das súas peores crises deportivas da súa historia. Cabe salientar que foi o único xogador que disputou toda a pasada Champions na que non se perdeu ningún partido. É máis cando coincidían o superdotado e os seus mariachis REM(Ronaldinho,Etoo, Messi).

Pero estes son argumentos racionais e a Gio desfrútase co corazón, pola súa entrega, cabellorisade, bo corazón, alegre xogo ofensivo e garra. Todo o que pode un ser humano pode aspirar a ser. As bágoas impídenme seguir. Só nos resta a lenda do Camp Nou e que no estadio De Kuip un grupo de privilexiados siga desfrutando da súa maxia. Ata sempre Gio.

Arquivado en: Gio | Comentarios (2)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.

Comentarios recentes