Arquivo para a categoría golf.

Ídolos hispánicos

Por Fournier Alan
Xull 23

Eterno segundoNon hai nada como uns bos ídolos hispánicos para humedecer con sangue as plumas dos xornalistas madrileños. Onte tiveron unha de cal co cabaleiro da pista Alonso e a eterna promesa que non vale nada Sergio García.

Se un conductor co que acabásemos de ter un altercado ao tentar adiantarnos a gran velocidade na estrada mollada saíse do coche e comezase a facer xestos sinalando a rozadura que se fixo co noso coche e sinalando para a rozadura cando estivo a punto de matarnos coa súa temeridade pensaríamos que o tipo é un pailán. Cando se trata de Alonso todo se deforma de xeito grotesco. Agora resulta que Massa non sabe perder. Que terá ver o, lexítimo, apoio a un corredor de país con recoñecer que o seu comportamento foi o dun delincuente xuvenil?

Por outra banda o gran rival de Tiger Woods (na brisca) foi criticado por vestir coas cores do imperio. Volvamos xogar ao rol. Un xogador de golf- poñamos de Xamaica coa que simpatizamos pola súa política exportadora- que fose ao campo con máis tradición do nobre e aristocrático campo vestido coas cores da súa bandeira nacional. Como mínimo calificaríamolo de hortera. Pois non debemos deixar de facer o mesmo con Sergio García. Ademais este tipo só sae do seu letargo para perder algún torneo no último momento.

O periodismo deportivo debería buscar ensalzar aos bos deportistas e non unha carreira de avenedizos. Dígoo como afeccionado, que non disfruto nin me informo coa política informativa forofa dos periódicos madrileños e cataláns.

Arquivado en: Alonso, golf | Comentarios (1)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.

Comentarios recentes