Arquivo para a categoría La Roja.

Contra todo prognóstico

Por Fournier Alan
Out 14

Iniesta cun fornido danésContra todo prognóstico La Roja venceu á monarquía máis antiga do continente, iso dicimos nós, máis vello. O único país do mundo que pode ternos medo suficiente como para bautizarnos como O Brasil de Europa perdeu as súas esperanzas para ir a un campionato de seleccións por segunda vez consecutiva. Unha mágoa xa que ten un xeración brillante co ex do Feyenoord Jon Dahl Tomasson, Poulsen, Gronkjaer ou promesas como Agger ou Bendtner (non confundir co robot de Futurama).

A vitoria española pode ser considerado non só o maior fito histórico do noso deporte senón que pode entrar en museos e crónicas como a gran fazaña nacional. Como foi posible que sen o Maradona Madrileño puidesemos vencer a Dinamarca? Ese equipo cheo de medianías como Íker Casillas, Sergio Ramos, Cesc, Iniesta, Xavi… foi capaz de sobrepoñerse á súa carencia de líder e a través de futbolistas dun equipo humilde como Tamudo ou Riera gañaron con máis solvencia no marcador que no xogo.

Dinamarca, de camisola encarnada tamén, xogou mellor, tivo ocasións e o noso porteiro parou e os nosos atacantes marcaron. Unha historia xa contada debaixo dos Pirineos con outros protagonistas: Brasil, Arxentina, Francia, Italia… Ao final trátase de falta de espírito competitivo, calidade (a pesar de contar con bos xogadores) e, en contadas ocasións, árbitros e sorte.

E todo sen o Mesías

Haberá quen me chame vantaxista por dicir que se gañou ben sen Raúl. Tamén afirmo que o resultado podía ter sido o mesmo co superclase branco e incluso podía ter marcado como Tamudo (que de ter nacido en Madrid sería o equivalente ao seu tocaio) e que iso non tería cambiado nada. Aí apúntome, con reservas, á teoría de Aragonés. Raúl tivo moitas oportunidades para ter amosado a súa infinita calidade nunha competición dese tipo e o valor decisivo do seu xogo. E non foi así. Así que, aínda que podería ir pola falla de xogadores de referencia neste momento nese posto, non é mellor cós seus substitutos. E dá igual o que diga Tomás Roncero.

Ten efectos positivos a non presencia de Raúl? Para empezar non enrarece o ambiente da concentración (como no pasado Mundial), non condiciona ás alineacións e non distorsiona a realidade. Se Raúl fose como Raúl Tamudo sería o primeiro en pedir a súa presenza: non sobrado de calidade pero con oficio e cualidades, bravo, fai grupo, non se rinde… Son cualidades que quedan estragadas pola súa megalomanía.

Arquivado en: La Roja | Comentarios (2)
A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.