Arquivo para a categoría liga.

A reinvención do Barça, do Dépor e do Madrid

Por Fournier Alan
Xan 21

O Madrid despois de perder en Riazor o pasado ano reinventouse nunha versión máis cruel, dura e totalmente desprovista de sentimentos. O Atlético, o equipo máis emocional da liga, é a cara inversa. Sábese cando empeza un partido do Real que o resultado está previsto e incluso as súas derrotas como a de Copa parecen calculadas. Serán as pernas dos seus xogadores tan irresistibles? O físico será o Waterloo de Chuster?

O Barcelona busca un renacer similar ao millagro Capellista. Se é certo que os culés destacaron por facer o fútbol máis vistoso do continente nos últimos anos non menos certo é que conseguiron a súa segunda Champions cun equipo comprometido e que se constrúe desde atrás. A ecuación funciona cando os de arriba acertan sempre (e non se lesionan) e os de abaixo están ben agrupados e coordinados. Parece que ese é o camiño aínda que os azulgrana sufren de maís como contra ao Racing.

E cal é a reinveción do Dépor? A máis vella do fútbol: os seus problemas son a ausencia de calidade arriba, erros infantís en momentos clave, non saber ler os partidos… Case todos os erros apuntan a unha mesma persoa que un día di que o seu porteiro é o chaval do filial e ao outro día di que perderon en Vilarreal en parte pola súa culpa. Lotina debe marchar para reinventar o Dépor pero, por favor, que non veña Fernando Vázquez a rematalo.

Arquivado en: liga | Comentarios (0)

Contos de nunca acabar

Por Fournier Alan
Out 4

Os equipos necesitan a HouseCando os que temos acceso a un medio de comunicación comezamos a reflexionar sobre profesións dunha preparación esixente como a de medicina adoitamos caer no erro da soberbia. Na mediciña dous máis dous non son sempre catro e aí está House para demostralo. Aínda así non me resisto a comentar dous casos paradigmáticos.

Un é o do Barcelona que parece sufrir sempre as lesións en forma de praga divina e ademais por posicións. Un ano son todos os defensas e outro todos os centrocampistas. Ás veces son lesións musculares, como desta volta, e noutras ocasións trátase de xeonllo (a primeira liga de Rikjaard). De seguro que a preparación física e a prevención son dous asuntos capitais. Temos o exemplo de Milanello e a preparación física axeitada a cada xogador tendo en conta as súas características.

Máis grave incluso é o do Valencia. Todo parece indicar que as lesións son mal diagnosticadas. Segundo o médico ao que se lle pregunte Vicente ía estar unha semana de baixa ou un mes e algúns xogadores, como o anteriormente mencionado ou Edu, parecen non poder dar saído dunha dinámica de recaídas. Por poucos estudios que un teña nos dous casos algo cheira a chapuza.

A importancia dos equipos médicos non é menor xa que leva a situación dramáticas como a obrigada titularidade de Thuram e Oleguer, os xogadores que decidiron a pasada liga en favor do Madrid, ou a esperpentos como a que o Valencia, o equipo con máis centrocampistas zurdos do universo, tivese que empregar a un diestro (Angulo) nesa demarcación.

Arquivado en: liga, Barça, Valencia | Comentarios (0)

Que será, será…?

Por Fournier Alan
Ago 25

A LigaComeza a liga 2007-2008 traendo esa emoción que nos fai falta para superar a semana laboral e a Rajoy dicindo tonterías no telediario. Os Fournieur faremos en breve de pitonisos e vos ofreceremos as nosas prediccións para o vindeiro ano. Entrementres a análise da liga tráenos un derby madrileño marcado polas fichaxes cargadas de ambición no Atleti e de tolería no caso merengón (aínda que non exentos de calidade e non digamos se ven Alves). Dado o sino maldito do pupas da competición española e a maxia negra que Calderón e Mijatovic imprimen á casa blanca o esperable sería un empate sen descartar a victoria de Schuster.

O Barcelona debería ter un comezo plácido no Sardinero contra o Racing, que apunta a volver ser equipo revelación, consciente de que o seu verdadeiro inimigo reside no Nou Camp. A xestión da plantilla no psicolóxico, a especialidade de Rijkaard, e no físico, dígase o que se diga falta algún xogador, serán as claves.

O Sevilla volverá amosar a súa profesionalidade a proba de bombas e vencerá sen problemas ao Getafe que, de seguro, non terá problemas para manterse. Os aspirantes valencianos Vilarreal e Valencia xogan no outro encontro de rivalidade rexional que máis ben parece un partido entre a selección española e un combinado sudamericano. Ambos poden chegar lonxe na competición europea pero os grandes tápanlle o paso.

Outro chamado a facer grandes cousas nas copas, non insinúo ningunha capacidade etíhilica inusual, é o Zaragoza que reforzou ben o equipo co diñeiro do pequeno Milito. Enfróntase a un Murcia que foi o mellor que se reforzou dos recén ascendidos e pode dar moita guerra aos maños.

Seguimos de derbys polo sur. Un Recreativo que dificilmente repetirá o do ano pasado e un Betis que garantizará sonecas e bostezos no Ruíz de Lopera están condenados ao empate ao cero. Espanyol e Valladolid prometen moito máis espectáculo dado o cariz ofensivo dos seus entrenadores e a pesar da evidente diferencia de calidade das plantillas. Levante e Mallorca, como actores secundarios ou terciarios desta farsa futbolística, ofrecerán un encontro igualado que en base ao oficio levarán os baleares.

E o Dépor… non vas falar do Dépor? Partindo da base de que xa me parece miragreiro o feito de que aguanten na competición coas súas inmensas débedas e cunha estrela lesionada partíndose os dentes por xogar coa mascota e que recoñece que é un pallaso o triunfo é participar. O Almería, que se reforzou ben, será un rival para eludir o descenso.

Arquivado en: liga | Comentarios (3)

Lothar ten razón

Por Fournier Alan
Xun 21

Entre outras cousas porque xa o dixen neste mesmo blog: a victoria do Madrid demostra que os equipos bos non estiveron á altura. “Na mediocridade sempre gaña Capello”, Arrigo Sachhi. O que non estou de acordo en que o Manchester, con momentos moi brillantes de fútbol, sexa tan superior a equipos da entidade do Chelsea (ao igual que o Barça castigado polas lesións) ou que o Inter, os eternos perdedores sexan un equipo mellor que os seus veciños berlusconianos (aquí vénseche as cores).

Txiki, gran responsable do fracaso deportivo do Barcelona, di que: “Vivían do teletexto“. Seguramente tamén do ximnasio e das glorias pasadas. Toda a temporada falando sobre que hai que botar, dependendo da semana, a Ronaldinho, Eto’o e Rikjaard e xusto cando confirman o seu fracaso colectivo é cando se nos asegura que se quedarán pase o que pase.

A lóxica do absurdo

Por Fournier Alan
Xun 18

A lóxica do absurdo levou a que o Real Madrid gañara a liga tal como cabía pensar dada a cantidade de circunstancias sen sentido que apuntaban a iso. Á enésima remontada foi a vencida, nin sequera a lesión de Van Nistelroy e Beckham os fixo baixar os brazos. Pode ser esta a única lección que o Madrid ensinou ao Barça e foi suficiente.

Ante esta etapa escura no deporte mundial, en baloncesto gañou San Antonio a NBA e o Real tamén se adiantou ao rival eterno, só cabe regocixarse coas pataletas de Alonso ou moita filosofía. “Non te enganes home. Aos deportistas ti non lles importas nada. Métense nos seus deportivos coas súas putas de luxo e olvídanse enseguida do partido.” Esta acertada sentencia colisiona con outro gran dito de Bill Shanky, o entrenador do Liverpool: “O fútbol non é cuestión de vida ou morte. É algo moito máis importante ca iso.”

O fútbol e o deporte en xeral son emocións en estado puro. Sería como explicarlle a alguén que nunca estivo namorado que é o amor. Afortunadamente xa queda menos para a próxima temporada.

Todo é posible (polo de agora)

Por Fournier Alan
Xun 17

A anteriormente coñecida polos medios deportivos madrileños coma a peor liga dos últimos 20 anos é agora a máis emocionante. Gustaríame ser Leonard Cohen para cantarvos “Everybody knows that Real Madrid is going to win this league”. Se non é así deberían canonizar a Frank Rikjaard. Capello, hai que admitilo, xa amosou que é o entrenador italiano con máis sorte, o que constitúe unha frase con demasiados superlativos. Só así me explico o pesadelo que vou vivir.

Tamén estou bastante convencido do descenso do Celta. Creo que é un equipo tradicionalmente orientado a decepcionar aos seus afeccionados e, ademais, depende do resultado negativo de dous equipos con non menos entidade ca os vigueses. Unha pequena parte do meu ser, a que cre nos miragres e nos políticos, pensa que Lotina ten opcións reais de superarse a si mesmo. De non ser así seguramente acabará sendo entrenador dos coruñeses. Unha pequena, penso, alegría para os coruñeses entre tando disgusto.

De aquí ás once da noite só me quedan unhas 7 horas autoenganándome ata que Van Nistelroy ou Ramos meta o primeiro gol. Será difícil evitar os informativos e os xornais deportivos. Resultará misión imposible non indignarme coas declaracións do senvergonza presidente do Real Madriz. En fin, menos mal que veñen as fichaxes e a Copa América…

Un minuto na vida

Por Fournier Alan
Xun 11

O sábado pasado a Liga plaxiou unha película dos irmáns Coen: Crueldade Intolerable. Ese minuto fatídico pasará á historia do fútbol español a menos que Goyo Manzano se confirme como anticristo blanco (lémbrese o 1-5 de aquela tarde gloriosa de Eto´o no Bernabeu). Sen embargo a xornada 37 foi unha síntese desta competición: o Madrid xogou fatal, veuse superado en xogo polo rival e por costume e inercia acabou gañando no segundo tempo cando Capello decidiu poñer a Guti. O Barcelona sería campeón virtual a estas alturas se resultase contundente e ofrecera algo máis ca súa santísima trinidade de xenios que nesta temporada se resume en só un. E o Sevilla, tan brillante na copa da UEFA e na do rei volveu fallar cando se podía facer capitán xeral. Visto así todos teñen o que se merecen.

O Celta na miña opinión non merece estar en primeira división. Si por plantilla pero o seu xogo resultou tremendamente lamentable a súa irresponsabilidade fóra de toda dúbida. Stoichkov non achegou nada e incluso empeorou o que ía ben como por exemplo quitar momentáneamente a Pinto da portería ou poñer a Núñez de titular. O Dépor, pola súa banda, que se contente con que en vez de saltarlle un nudista espontáneo no campo non irrumpa un Cobrador do Frac.

Ziganda é o gran triunfador da xornada. Despois de que Albelda insinuase favores entre os veciños de Euskal Herria os do Reino de Navarra gañaron a pesar dos asubíos do seu propio público. Agora veñen de golear ao Betis que esta aí, como ben se puido ver polos árbitros, e o Valencia do violento mediocentro internacional español caeu tamén estrepitosamente ante os seus veciños. Curioso non?

Será capaz de amosar que despois de Zapatero é o home máis afortunado de España? Conseguirá salvar á Real? Esas bágoas de Savio non poden ser en van…

A padiola mecánica

A padiola mecánica

O obxectivo vital deste blog é ofrecerche unha visión 'diferente' do deporte, para o que non escatimaremos en mostrarche os aspectos máis tolos e surrealistas que o rodean.